Esta é unha aplicación de stickers nadaleiros galegos de PlayVigo.
Aquí podes descargar e compartir divertidos stickers con frases galegas
relacionadas co Nadal, o Apalpador, luces de Vigo e tradicións. Cada tarxeta contén unha
expresión popular e un sticker único en PNG, GIF, MP4, etc. que podes gardar ou enviar.
Desenvolvido con ❤️ para a comunidade galega no Nadal 2025.